Stobart Air
Stobart Air | ||
---|---|---|
IATA RE | OACI STK | Indicativo STOBART |
Fundación | 19 de marzo de 2014 | |
Frota | 18 | |
Destinos | 20 | |
Páxina web: https://stobartair.com |
Stobart Air é unha aeroliña rexional da República de Irlanda con sede en Dublín e que opera en Irlanda, Reino Unido, Francia e a Illa de Man baixo as marcas de Aer Lingus Regional, BA CityFlyer e KLM Cityhopper. Stobart Air ten bases operativas en Cork, Dublín e a Illa de Man para Aer Lingus Regional. A aeroliña ten 570 empregados.
Fundouse como Aer Arann en 1970 pero no ano 2014 refinanciouse e cambiou o seu nome a Stobart Air. Aer Arann foi unha aeroliña rexional tamén baseada en Dublín que operaba servizos regulares en nome de Aer Lingus Regional.
Historia
[editar | editar a fonte]Aer Arann
[editar | editar a fonte]Aer Arann foi fundada en 1970 por James Coen e Ralph Langa para proporcionar servizos entre Galway e as Oileáin Árann na costa oeste de Irlanda. O seu primeiro voo foi no mes de agosto dese ano entre Galway e Inis Mór usando un Britten-Norman Islander.
Nos anos 80, a compañía ampliou os seus servizos coa liña entre Galway e Dublín. En 1994 Padraig O’Ceidigh e Eugene O'Kelly mercaron a compañía, comezando un período de maior expansión. En 1998 creouse a liña Sligo-Dublín.
No 2002 comezaron os servizos ao Reino Unido e Jersey coas liñas entre Cork e Birmingham. Seguindo o éxito das rutas co Reino Unido, no 2004 a compañía introduciu o servizo entre Galway, Waterford e Cork con Lorient, o primeiro paso da aeroliña irlandesa na Europa continental. Tamén no 2004 establecéronse voos con Nantes, tamén na Bretaña.
En 2008 Aer Arann asinou un acordo de franquía con Nex Aviation e comezou a voar a Ámsterdam, Bordeos, Málaga e Faro usando avións British Aerospace 146 durante os meses de verán. O servizo a Ámsterdam, operado cun ATR 72-500, rematou o 14 de xaneiro de 2009.
Frota
[editar | editar a fonte]Frota actual
[editar | editar a fonte]En agosto do 2010 a frota de Aer Arann estaba formada por un total de 12 avións:
- ATR 42: 5 (48 ou 50 pasaxeiros)
- ATR 72: 3 (68 ou 70 pasaxeiros)
- Britten-Norman Islander: 3 (9 pasaxeiros)
- Saab 340: 1 (34 pasaxeiros)
Frota histórica
[editar | editar a fonte]- ATR 72-500 (actualmente opera con Aer Lingus Regional)
- BAe 146-200
- Fokker 50
- Piper PA-31 Navajo
- Short 360
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stobart Air |